Silvereira
Stand
Silvereira é un obradoiro adicado á artesanía en prata que conta cunha dilatada traxectoria no campo da xoiaría e complementos. Nos últimos anos están a incorporar paulatinamente novas técnicas e materiais, o que lles está supoñendo un xiro importante na estrutura do seu catálogo. Como consecuencia disto, atópanse coa necesidade de contar cun novo stand para as feiras profesionais que faga máis plausible este novo rumbo.
Un dos factores principais a contemplar no desenvolvemento era a versatilidade do stand -posto que vai ser utilizado en varias feiras-, razón pola cal traballamos coa idea dun sistema expositivo modular a partir dun modelo clásico taboleiro-cabaletes, que permitise diversas ordenacións no espazo do stand (distribucións lineais, en L, exentas…). Os cabaletes invertidos ofrecen ademais a posibilidade de variar a altura do taboleiro.
Para artellar a exposición das pezas nestes expositores valémonos das propiedades da lycra, a cal tensamos sobre un taboleiro con diversos obxectos que alteran a superficie e compoñen topografías sobre as que colocar as pezas.
No que respecta á iluminación aplicamos dúas solucións complementarias: unha iluminación na base dos taboleiros, que acentúa a sensación de orografía da lycra, e unha cenital -formada por lámpadas pregables- para iluminar correctamente as pezas expostas.
O stand complétano dous baúis de transporte, con espazos para gardar todo o necesario para a montaxe do stand. Ademais, cada un deles dispón de varios caixóns e bandexas extraíbles nos que poder dispoñer o mostrario co catálogo completo de pezas. Esta circunstancia, combinada coa altura dos baúis -a axeitada para sentarse- desdobra a función destes, convertíndoos nunha zona de atención ao cliente.











4 comentarios
Moi bo traballo!
Un saúdo.
Muy buen trabajo. Muy bien resuelto.
Muchas felicidades por todos vuestros diseños.
Saludos.
obrigados!
Me encanta vuestro trabajo,muchas felicidades, de verdad, es un gusto que hay gente como vosotros con tanto talento.
Espero poder ponerme en contacto con vosotros en breve para reorientar mi tienda.
un abrazo.