Cinestable

Trofeo

Cinestable é un festival de curtametraxes baixo licencias Creative Commons organizado pola Asociación Inestable, que ten por obxectivo a promoción do software libre. O nome da asociación -do que deriva tamén o do festival- fai alusión ao emprego de software en versións de desenvolvemento (coñecidas como ‘inestables’).

Na concepción do trofeo para esta 2ª edición do festival quixemos xogar con esa idea de inestabilidade e coas posibilidades que nos daba a aplicación de novas tecnoloxías (tanto a nivel software como no hardware), pouco habituais neste tipo de obxectos.

O resultado é un trofeo case arquetípico no seu estado ‘estable’ pero que se activa ao levalo á posición de inestabilidade, creándose un constante flutuar de cor nas tres C’s que conforman o logotipo do festival.

No desenvolvemento deste proxecto contamos coa inestimable colaboración dos membros da asociación, que foron quen de resolver con éxito toda a parte electrónica do trofeo -con software e hardware libre, por certo-.

Esta entrada foi publicada o 14 Oct 2011 en produto

Comenta

*