O gremio da seda
Unidade didáctica
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño está a levar a cabo unha serie de actividades orientadas a amosar aos rapaces de primaria e secundaria o mundo da artesanía galega. Como primeira acción do plan estableceuse a xeito de experiencia piloto unha unidade didáctica sobre o cultivo e obtención do fío da seda, para a cal desenvolvemos os elementos gráficos e de embalaxe.
Creamos ‘Enredando’ como marca xeral da iniciativa, baixo a cal que desenvolven cada unha das actividades artesanía-escola, buscando a maior versatilidade posible. Desta maneira conseguimos que funcione como marca principal -de xeito autónomo-, ou como marca secundaria naquelas accións para as que se cree unha marca propia (coma neste caso).
No seu interior atopamos todo o necesario para que os vermes realicen todo o seu ciclo vital, desde a caixa na que se gardan os ovos e os casulos ata unhas pezas de cartón, coas que montar unha retícula que se pendura da tapa da caixa e na que os vermes farán o seu casulo de seda.
Outro material que se desenvolveu para esta unidade didáctica foi un manual para o cultivo dos vermes da seda -que se presenta en formato de póster despregable-, un conto para os rapaces de primaria -ilustrado por Quico-, e unha tarxeta que se acopla na parte frontal da caixa e que nos serve para facer as anotacións do seguimento que se lle vaia facendo aos vermes.
Debido á delicadeza destes vermes empregamos materiais e procesos que non conlevasen ningún tipo de tratamento químico, así servímonos da cola natural para fixar as pezas de madeira ao natural ou do láser para gravar a tapa da caixa. A caixa é ademais reutilizable, gárdase para repetir o proceso de cría en anos consecutivos.










