Acción DAG
O venres 6 de maio ás 18h preséntase no CGAC (Santiago de Compostela) Acción DAG, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores destinada a amosar os últimos traballos dos deseñadores galegos.
Con motivo desta presentación tamén terá lugar unha mesa de debate aberta na que, baixo o título ‘Mesa de Acción. Radiografía do Deseño Galego’, varios profesionais e docentes intercambiarán impresións sobre o pasado, presente e futuro do deseño galego.
Máis información na páxina da DAG ou na de Acción DAG.
Esta entrada foi publicada o 29 Apr 2011 en novas