Parada de Francos

Imaxe corporativa

A Parada de Francos é un conxunto rural situado na contorna da Carballeira de Francos, un lugar de enorme valor paisaxístico, cultural e patrimonial. Conforman o conxunto unha casa rural e un restaurante.

A imaxe gráfica toma referencias nas marcas tradicionais -as marcas dos canteiros, os ferros de marcar o gando…- que facían referencia á propiedade ou á autoría dun ben.

O restaurante ten un peso específico dentro do conxunto, polo que creamos unha marca propia empregando o mesmo plantexamento que na marca raíz. Dentro das aplicacións para este espazo destaca a carta, para a que se ideou un sistema de montaxe sinxelo que nos permitise facer cambios no menú sen necesidade de cambiar toda a carta.

www.paradadefrancos.com

Esta entrada foi publicada o 07 Mar 2011 en gráfico, produto

Comenta

*