A Cova da Moura
Sinalética
Na ladeira norte do monte Tállara a escasos dous quilómetros da vila de Noia sitúase a Cova da Moura ou Dolmen de Argalo. Este monumento funerario datado no neolítico posúe un grande interese arqueolóxico, ademais de ser un referente simbólico para os habitantes da contorna.
En relación ás conclusións extraídas do traballo de campo realizado por Ana Filgueiras (arqueóloga e antropóloga) propuxemos un sistema flexible que resolve a aplicación de contidos nos diferentes xeitos en que se presentaban: direccionais, toponímicos e informativos. A capacidade de diálogo das pezas cos espazos rurais e forestais onde se sitúan ven dada polo uso de materiais xa presentes ou habituais nestes ambientes. Mais, ben no xeito de aplicalos, ben na relación entre eles, engadimos unha compoñente de innovación.








