Sonia Ares
Imaxe corporativa
Sonia Ares é unha artesá de Rois que traballa a prata, o vidro e o esmalte ao lume para crear aneis, brincos e outros complementos. Despois de varios anos traballando baixo a súa marca Toxosoutos decidiu substituíla polo seu propio nome para dar unha imaxe máis próxima e persoal.
Na construción da marca quixemos destacar a organicidade, a pureza e a sinxeleza formal das súas pezas. Creamos entón un logotipo de trazos abertos, con pequenas variacións no espesor do trazo, que nos recordan aos procesos manuais da artesanía. Completamos a marca empregando un azul e un gris que lle aportan frescura e actualidade.
Esta entrada foi publicada o 06 May 2010 en gráfico


