O edificio 13Rosas é unha cooperativa de vivendas que se ergue na rúa do mesmo nome no barrio Compostelán de Santa Marta. A planta da edificación ten forma de ferradura, configurando en planta baixa un patio central delimitado por unha liña perimetral de soportais. A relación que se establece entre a zona asoportalada e central proporciona unha grande riqueza espacial, aportando unha ampla diversidade de matices de uso, co obxectivo de exercer de punto de encontro e fomentar a relación veciñal. Nun dos corpos laterais situase o local social, pensado para aloxar accións de ocio de carácter comunitario tanto infantís como para adultos.
Para equipar este espazo desenvolvemos un sistema de mesas e bancos de estrutura metálica e superficies de madeira, pensados para ser usados en interior ou exterior e almacenados de forma cómoda e rápida na parede do fondo. Para a zona de descanso prantexamos un sistema composto por unha serie de cestas metálicas modulares que poden ser usadas como mesa baixa, contedor de almacenaxe ou como estrutura de asento. O sistema péchase con dous tamaños de coxín que mediante a súa combinación permítennos conseguir tres tipoloxías diferentes de asento: sen respaldo, con respaldo baixo ou con respaldo alto. Por último na zona exterior colocáronse unhas pezas de asento colgadas que permite un suave balanceo.
13Rosas Equipamento para as zonas comúns
Arial
Ficha técnica
- Título 13 Rosas, Zonas comúns
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de equipamento para as zonas comúns da cooperativa residencial 13Rosas
- Data Novembro 2018
- Promotor Arial
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Madeira Óscar_o carpinteiro
- Metal Construcciones Metálicas Pérez Taboada
- Téxtiles Tapicería Barona
- Fotografía Luis Díaz Díaz