A fachada do edificio de vivendas 13Rosas, está composta por un lenzo branco calado por unha trama ordenada de ocos de proporcións cadradas. En oposición a esta ordenación tan marcada e ríxida, en algúns dos ocos incorpora un elemento vertical que contrasta en aparencia e varía en ancho e posición en función das necesidades dos espazos interiores. Este recurso ademais de imprimir plasticidade e movemento á fachada, crea unha linguaxe de contraste extrapolable a outros usos e espazos do edificio.
Para dar unidade e coherencia a tódalas necesidades propias das zonas comúns interiores, plantexouse un elemento vertical de madeira que contrasta ca superficie branca. Esta peza vaise especializando e resolvendo funcións como soporte de sinaléctica, tirador de porta, cubre enchufes, soporte de extintor, buzón de correo, soporte de timbre…
Para a sinaléctica exterior e de garaxe empregáronse seccións de conduto de ventilación con iluminación interior. O xiro da carcasa metálica indícanos a modo de flecha a dirección a seguir para chegar ata o punto sinalizado nas placas dos extremos.
13 Rosas Sinaléctica
Arial