Neste 2021 fanse 15 anos da creación do estudio. Para celebrar o aniversario decidimos facer unha reedición dalgúns dos produtos que desenvolvemos durante este tempo. Para iso deseñamos unha marca que se vincula ao estudio a través da cor e do feito de compartiren parte do nome, representado neste caso de forma numérica e abreviada. No eido formal reflexa algúns dos valores que perseguimos con frecuencia no noso traballo: sinxeleza e modularidade.
A selección pretende agrupar produtos de utilidade, cun aspecto formal contido e neutro, buscando a súa integración tanto nun contexto doméstico como de oficina. Son obxectos cotiáns que malia procederen de proxectos diferentes comparten todos a mesma filosofía e obxectivos: resultar útiles e duradeiros desde a discreción formal.
100l Imaxe gráfica
Cenlitrosmetrocadrado